Carta de Santiago | Diálogos para unha sociedade de futuro

Carta de Santiago é un evento aberto con vocación de dar voz á comunidade global nun momento de profundas reformulacións e cambios de valores trala crise epidemiolóxica. Durante tres días, personalidades de varias disciplinas sociais e culturais, do panorama estatal e internacional, daranse cita para debater sobre os retos de futuro do século XXI. O proxecto está impulsado pola colaboración da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza no marco do Xacobeo 21-22.

Carta de Santiago nace coa vocación de debater e reflexionar sobre diferentes ámbitos da cultura e das artes, a economía, o medio ambiente, a ciencia ou a tecnoloxía. Para iso contaremos con destacadas personalidades nestes ámbitos que achegarán a súa visión sobre os grandes retos globais aos que se enfronta a sociedade actual. Durante os días 5, 6 e 7 de novembro a cidade de Santiago de Compostela acollerá un foro internacional que pretende ser un espazo de reflexión, diálogo e debate sobre 21 temáticas relevantes entre as que se atopan a transformación cultural, o cambio climático, os desequilibrios territoriais, a educación, a diversidade, o emprendemento ou a ciencia.

A través das diferentes achegas, tanto dos profesionais como da cidadanía, obterase unha serie de conclusións que se recollerán nun documento chamado Carta de Santiago. A súa finalidade será facer perdurables os acordos que nela se recollan, servindo como folla de roteiro para afrontar os retos aos que nos enfrontamos como sociedade.

 
Descubre o programa de RELATORES/AS INSCRÍBETE  de balde

 .

Relatores/as da Carta de Santiago

Gunter Pauli, autor da teoría económica da economía azul –e do best seller co mesmo título– será un dos relatores internacionais convidados a Carta de Santiago. O empresario belga, que está a revolucionar o debate sobre a sostibilidade, falará en Compostela sobre as claves para facer compatible compromiso medioambiental e crecemento empresarial promovendo unha economía baseada no binomio formado por creatividade e ciencia, co obxectivo de impulsar empresas que xeren beneficios respectando o planeta.

As persoas asistentes ao encontro escoitarán tamén a María Neira, a directora do Departamento de Saúde Pública da Organización Mundial da Saúde, que achegará o seu coñecemento e experiencia nun campo tan actual como o da saúde pública. Pese a ter que conectarse a distancia desde Glasgow, onde se atopa nesas datas participando na Conferencia das Nacións Unidas sobre cambio climático, a representante da OMS amosou o seu desexo de participar en Carta de Santiago, onde conversará con África González, galega que se ten convertido nunha das inmunólogas máis recoñecidas de España, ex directora do Centro de Investigacións Biomédicas e ex presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía.

Carta de Santiago tratará tamén temas de tanta actualidade como as crises migratorias ou o impacto e posibilidades das tecnoloxías para o cambio social. Farao con nomes como o da emprendedora francesa Joséphine Goube, creadora da plataforma Techfugees, coa que mobiliza a toda unha comunidade internacional de desenvolvedores e emprendedores sociais na creación de solucións que contribúan á inclusión das persoas refuxiadas, e que a fixo merecedora da distinción de Emprendedora Social da revista Forbes.

Desde o eido da cultura, contaremos con Pino Saglioco, presidente da Live Nation, promotor de xiras de artistas como Paul McCartney, Elton John, Lenny Kravitz ou Iron Maiden, que analizará os desafíos que está a vivir o sector cultural, especificamente o musical.

Encontros no Camiño

Desde o eido da tecnoloxía e as súas implicacións, o encontro contará tamén coa presenza de Daniel Innerarity, Premio Nacional de Ensaio, e unha das voces que mellor está a analizar as derivadas dun tema tan actual como a relación entre o respecto á privacidade e os algoritmos das grandes plataformas tecnolóxicas e redes sociais.

Mathilde Mesnard, directora de Asuntos Financieiros e Corporativos da OCDE e unha das maiores expertas na loita contra a corrupción e novos sistemas de goberno; e Carolyn Steel, especialista internacional no debate arredor das macro-urbes e no problema de alimentación nestas metrópoles –e autora de obras de referencia como Cidades Famentas e Sitopia– serán outras das figuras que se despracen en novembro a unha Compostela convertida en referencia do debate e axenda arredor da sostibilidade.

Desde o eido da cultura participarán tamén no encontro Miriam Escofet, artista gañadora do BP Portrait –probablemente o premio máis prestixioso de retrato do Reino Unido–e elixida para realizar o retrato oficial da Raíña Isabel II, a autora e viñetista Flavita Banana, a actriz Marta Larralde, ou os xornalistas Nacho Carretero ou Jorge Neri, entre outros.

Programa | VENRES 5 DE NOVEMBRO

Conversa no Camiño francés: (Re)Imaxinando unha aperta á esperanza | 11:30 – 12:30  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Con: Pino Sagliocco (Presidente de Live Nation)
  • Presenta: Joe Pérez-Orive (Director de Marketing de Live Nation)

Inscríbete de balde

Inauguración no Camiño primitivo: A Orixe – Inauguración e presentación aos medios | 12:30 – 13:00  Edificio CINC – Salón de Convencións

CULTURA E ARTES: Encontros no Camiño de inverno | Inscríbete de balde

  • Coordina: Kin Martínez (Director de EsmerArte Industrias Creativas S.L.U. Promotor musical e director artístico de festivais de música. Mánager de artistas)

Etapa 1 | 15:30 – 16:45  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Temática: Transformación cultural – Patrimonio
  • Interveñen: Nacho Carretero (Escritor e xornalista), Flavita Banana (Autora e viñetista)
  • Modera: Domingo Villar (Escritor)

Etapa 2 | 17:00 – 18:15  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Temática: Artes – Novas economías creativas
  • Interveñen: Miriam Escofet (Pintora retratista), Juan Manuel Zafra (Director da revista TELOS)
  • Modera: Marta Larralde (Actriz)

Conversa no Camiño inglés: (Re)Imaxinando a arte da vida |  18:45 – 19:45  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Con: Gunter Pauli (Autor de La Economía Azul, Fundador de ZERI)
  • Presenta: Jorge Neri (Redactor xefe de CAMBIO16 e Conselleiro delegado de Grupo EIG Multimedia)

Inscríbete de balde

 .

Programa | SÁBADO 6 DE NOVEMBRO

MEDIO AMBIENTE: Encontros na ruta do mar de Arousa e río Ulla | Inscríbete de balde

Coordina: Pedro Calaza (Director da Escola Galega da Paisaxe, Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia)

Etapa 3 |  10:00 – 11:15  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Temática: Axenda 2030 – Ecoloxía – Cambio Climático
  • Interveñen: Lucía Viñas Diéguez (Científica Titular do Instituto Español de Oceanografía, Investigadora de contaminación mariña), Salvador Fojón Polanco (Divulgador científico e experto en cambio climático na fachada atlántica)
  • Modera: Mónica Fernández-Aceytuno (Divulgadora de natureza, Defensora do Patrimonio Natural e Cultural da ‘Necrópole Megalítica dos Montes do Gato’)
 

Etapa 4 |  11:30 – 12:45  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Temática: Territorios – Deseño – Biodiversidade
  • Interveñen: Carolyn Steel (Arquitecta, autora e académica), Joan Roig (Arquitecto. Socio fundador e Vicepresidente de Batlleiroig Arquitectura)
  • Modera: Teresa Táboas (Arquitecta. Membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos UIA)
 

Conversa no Camiño portugués: (Re)Imaxinando un mundo máis hospitalario cos refuxiados | 13:15 – 14:15  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Con: Joséphine Goube (Cofundadora executiva de Techfugees For Impact)
  • Presenta: Keina Espiñeira (Investigadora do proxecto H2020 Welcoming Spaces. Membro do Equipo de Investigación Sociedades en Movimiento (ESOMI), Universidade da Coruña)

Inscríbete de balde

 

ECONOMÍA E SOCIEDADE: Encontros no Camiño do norte | Inscríbete de balde

Coordina: Marga Pazos (Presentadora e redactora de informativos da TVG, Directora de contas en wecom Consultora de Comunicación e RRPP)

Etapa 5 |  15:30 – 16:45  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Temática: Neoeconomías – Neofinanzas – Emprego – Emprendemento
  • Interveñen: Mathilde Mesnard (Directora do departamento de Asuntos Financeiros e Corporativos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos), Adela Conchado (Xefa de misións ambientáis en The Overview Effect)
  • Modera: Ana José Varela (Directora financeira da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos)

Etapa 6 |  17:00 – 18:15  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Temática: Educación – Diversidade – Innovación Social
  • Interveñen: Alicia Tojeiro (Mellor profesora de Primaria de España 2020), Ainara Zubillaga (Directora de Educación e Formación da Fundación Cotec para a Innovación e profesora universitaria da vindeira xeración de profesores e pedagogos)
  • Modera: Ana Freire (Investigadora e docente do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións na Universitat Pompeu Fabra)

.

Programa | DOMINGO 7 DE NOVEMBRO

CIENCIA E TECNOLOXÍA: Encontros no Camiño portugués da costa | Inscríbete de balde

Coordina: Marisol Soengas (Xefa do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas, Vicepresidenta da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer)

Etapa 7 |  10:00 – 11:15  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Temática: Saúde – Biopolítica – Tecnoloxía
  • Interveñen: Bibiana Campos (Editora en xefe de Chemical and Engineering News, Vicepresidenta do C&EN Media Group da American Chemical Society), Senén Barro (Director Científico do CiTIUS – Centro Singular de investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela)
  • Modera: César de la Fuente (Profesor da Universidade de Pensilvania, Xefe do Machine Biology Group desta universidade)
 

Etapa 8 |  11:30 – 12:45  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Temática: Ciencia – Humanismo
  • Interveñen: Daniel Innerarity (Catedrático de Filosofía Política, investigador Ikerbasque na Universidad del País Vasco e profesor no Instituto Europeo de Florencia, onde dirixe a Cátedra Intelixencia Artificial e Democracia), Luz Rello (Profesora de Sistemas e Tecnoloxías da Información no Departamento de Información de Sistemas de IE Business School)
  • Modera: Amparo Alonso (Catedrática da Universidade da Coruña no eido de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial)
 

Conversa na Vía da Prata: (Re)Imaxinando a saúde e o benestar |  13:15 – 14:15  Edificio CINC – Salón de Convencións

  • Con: María Neira (Directora do Departamento de Saúde Pública e do Ambiente da Organización Mundial da Saúde)
  • Presenta: África González (Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Académica da Real Academia de Farmacia de Galicia)

Inscríbete de balde

 

  Clausura no Camiño de Fisterra e Muxía: O Fin do Camiño |  14:30  Edificio CINC – Salón de Convencións