100 Aniversario das Irmandades da Fala

Propoñemos unha viaxe ao pasado da man dos protagonistas desta época da historia de Galicia, para coñecer en primeira persoa todas as iniciativas culturais xurdidas ao redor das Irmandades da Fala. Dado que se trata dunha xincana familiar, centrarase nas iniciativas creativas e culturais.

Os participantes repartiranse en grupos e terán que superar tres probas. Serán probas colaborativas nas que terán que mostrar as súas habilidades e destrezas e a súa capacidade de traballo en equipo (A Nosa Terra, O Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos). Ao final todos os participantes resolverán unha misión conxunta.

 
En familia
 
21 XUÑO - 19 SETEMBRO
6, 19, 20 e 27 de xullo | 2, 3, 10, 24, 31 de agosto | 7 de setembro
XOVES | XULLO E AGOSTO
Diurnas, ás 19h | Nocturnas, ás 22.30h