Federación Galega de Bandas de Música Populares

A Federación Galega de Bandas de Música Populares foi creada en 1985 para atender ás necesidades comúns das bandas galegas. Está composta por preto dun cento de asociacións das catro provincias, e a súa misión principal é dignificar o traballo cultural, educativo e social das bandas populares. Colabora con elas e con diversas institucións para fomentar un maior desenvolvemento organizativo e promover unha conciencia de unidade entre as bandas galegas.

Ao longo do ano, a federación organiza diversas actividades, destacando o Certame Galego de Bandas, o Concurso Galego de Composición, o Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, así como o ciclo de concertos de Música no Camiño. Conta con dúas bandas representativas: a Banda Sinfónica Galega e a Banda Sinfónica Xuvenil Galega.

Con máis de 7000 músicos federados, aproximadamente o 70% deles menores de 30 anos, a federación ten unha presenza significativa en vilas e concellos do rural. A maioría das asociacións afiliadas tamén conta cunha escola de música propia, superando os 7000 alumnos. A federación mobiliza unha importante masa social composta por asociados, directores, directivas, profesores e xestores.

Na actualidade, é a federación cultural e numerosa de Galicia.

Contacto:

Teléfono: 981 591 895

Mail: federacion@bandas. gal

Web: bandas.gal

Facebook: https://www.facebook.com/FGBMP/

X/Twitter: https://twitter.com/FGBMP

Instagram: https://www.instagram.com/fgbmp/

Youtube: https://www.youtube.com/@bandas