Escena Galega

Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) é a asociación de referencia para o sector profesional das artes escénicas en Galicia, creada en marzo de 2002 por iniciativa de 16 compañías de teatro. Actualmente está formada por 57 compañías e empresas produtoras, como resultado dun proceso de confluencia e cohesión iniciado no 2015 para reforzar o posicionamento da asociación como interlocutora coas institucións e demais axentes do medio, e para impulsar así mesmo o desenvolvemento empresarial de cara á modernización do sector, sen perder a identidade das compañías como motores creativos das artes escénicas galegas.

A día de hoxe Escena Galega abrangue a unha enorme porcentaxe do sector escénico profesional galego, compoñendo un conxunto de estruturas de produción e creación de moi diversas tipoloxías a nivel profesional, nos eidos do teatro para a infancia e a mocidade, teatro para público adulto, monicreques, danza e artes do movemento e novo circo.

Contacto:

Teléfono: 647 478 236 (Diego V. Meizoso - xerente)

Mail: info@escenagalega.gal