Clúster Turismo de Galicia

O Clúster Turismo de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro formada por empresas vencelladas ao sector turístico, ben como actividade principal ou complementaria, que desenvolven a súa actividade no territorio galego. O seu obxectivo é darlle voz ao turismo galego á vez que promove actividades de colaboración que permitan mellorar a competitividade, a innovación e a internacionalización do sector, de xeito que se potencie a marca Galicia como un destino turístico forte, diferenciado e situado a escala global.

Dende a súa constitución no ano 2013, leváronse a cabo diversas actuacións seguindo as seguintes liñas estratéxicas:

  • Captación de socios e a presenza nos principais puntos de encontro sectorial como as feiras de turismo tanto nacionais como internacionais.  
  • Promoción de acordos de colaboración para fomentar o asociacionismo con Turismo de Galicia.
  • Xestión de procesos de certificación, seguimento e renovación para a obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e outros selos.  
  • Organización de actividades de apoio, centradas na formación e mellora do equipamento das empresas, que permitan incrementar a competitividade do sector e impulsar a interacción entre os diferentes axentes.

Trátase, en definitiva, de crear unha plataforma de encontro do sector que permita desenvolver iniciativas comúns para fortalecer o sector do turismo en Galicia.

Contacto

Persoas de contacto: Lucía González e Laura Creo

Web: www.clusterturismogalicia.com

Mail: secretariatecnica@clusterturismogalicia.com

Teléfono: +34 881 247 436