Sala de prensa

 
Santiago, 06 de Agosto de 2019
Agoraphobia

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, encara a súa penúltima semana con ritmos contundentes de tres bandas enteiramente femininas, con estilos moi distintos, que veñen pisando forte. O xoves subirán ao Escenario Alhambra as galegas Agoraphobia, coa súa efectiva mestura de garage, indie e punk rock. O venres será o turno das composicións rebeldes e tropicais das Kumbia Queers, mentres que o sábado volvemos cambiar de rexistro coas catalás Las Migas e o seu flamenco fresco e desenfadado.

Santiago, 31 de Xullo de 2019

A Xunta de Galicia abrirá o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura ao público á noitiña coas visitas especializadas As Nocturnas.

Santiago, 29 de Xullo de 2019

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, permite esta semana —a primeira da programación do mes de agosto— a descuberta de grupos emerxentes do panorama musical nacional, como os granadinos Apartamentos Acapulco; o post rock dos galegos Malraio; e o electropop Monterrosa.

Santiago, 23 de Xullo de 2019

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, coincide esta semana coa celebración do Día de Galicia, polo que comezará o venres —e non o xoves— para deixar gozar dos festexos desta importante efeméride.

Santiago, 22 de Xullo de 2019
Foto: Manuel G. Vicente

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciou hoxe que o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura inaugurará en  novembro Galicia, un relato no mundo, a primeira gran exposición internacional do Xacobeo 2021, un proxecto que aborda as relacións internacionais e o papel de Galicia na historia do mundo desde a prehistoria ata a actualidade.

Páxinas