Visitar a Cidade

 

Visita a Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura ábrelles as portas a todas e todos os cidadáns que a desexen coñecer. As persoas visitantes poderán acceder libremente aos espazos e percorrer os exteriores da Cidade da Cultura: desde as Torres Hejduk ata a praza central e os seus emblemáticos edificios. Ademais, o Gaiás dispón de programas de visitas guiadas para coñecer máis de preto este proxecto arquitectónico.

Apertura ao público do recinto

Horario xeral

De luns a domingo | 8:00 - 23:00 | Permítese o acceso en vehículo privado

Punto de Información e Atención ao Público

Museo Centro Gaiás, mostrador de entrada 
Luns a domingo | 10:00 - 20:00 h
Contacto: 881 997 584 / informacion.cdc@xunta.gal

Museo Centro Gaiás

Luns a domingo | 10:00 - 20:00h
IMPORTANTE: As exposicións permanecen pechadas os luns
HORARIOS NADAL: 24 e 31 de decembro, aberto ata as 15:00h | 25 de decembro e 1 de xaneiro, pechado

Edificio Fontán

Luns a domingo | 10:00 - 20:00

Biblioteca e Arquivo de Galicia

Sala de lectura: luns a domingo, de 09:00 a 21:00 h (excepto 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro: PECHADA).
Consulta de usuarios e investigadores: luns a venres, de 09:00 a 17:00 h (en agosto só ata as 15h).
Visita ás exposicións organizadas polo Arquivo e Biblioteca de Galicia: luns a domingo, de 09:00 a 21:00 horas.

Chegar ao Gaiás a pé

— Descarga aquí o plano de acceso e subida ao Gaiás a pé desde o centro da cidade.

— Descarga aquí o plano da senda natural recomendada por Turismo de Santiago.

 

Conexións en bus con Santiago

LIÑA 9: Luns- Venres laborais | Sábados mañá

Saídas dende Casas Novas:  

  • L-V laborables: 7:30 8:30 9:50 11:00 12:10 13:20 14:30 15:40 16:50 18:00 19:10 20:20 21:30 22:30
  • Sábados laborables: De 8:30 a 13:30 (cada 60 min.).
  • Itinerario Casas Novas - Santa Isabel - Galeras - San Clemente - A Senra - Virxe da Cerca - San Roque - Pastoriza - Rodríguez de Viguri - Fontiñas - Piscinas - Multiusos Fontes do Sar - Cidade da Cultura

Saídas dende a Cidade da Cultura:

  • L-V laborables: 8:00 9:15 10:25 11:35 12:45 13:55 15:05 16:15 17:25 18:35 19:45 20:55 22:00
  • Sábados laborables: De 9:00 a 13:00 (cada 60 min.).
  • Observacións horario:
    • Desde Romaño pasando por Casas Novas (con L4): Sábados laborables, 17:00 19:00 21:00 // Domingos, festivos, 11:00 13:00 17:00 19:00 21:00
    • Desde As Cancelas pasando por Casas Novas (con L4): Sábados laborables, 17:30 19:30 21:30 // Domingos, festivos, 11:30 13:30 17:30 19:30 21:30
  • Itinerario | Cidade da Cultura - Multiusos Fontes do Sar - Piscinas - Fontiñas - Concheiros - Campo da Angustia - Rúa de Bonaval - Rúa Valle Inclán - Virxe da Cerca - A Senra - San Clemente - Galeras - Santa Isabel - Casas Novas

 + info Transporte urbano, Liña 9

 

LIÑA  C11: Sábados tarde | Domingos e Festivos

  • Prolongación a Viso / Multiusos (paso aproximado por Xeneral Pardiñas): 
    Sábados laborables, 17:30 19:45 20:00 
    Domingos, festivos, 10:15 13:35 17:35 20:15

  • + info: Trasporte urbano, Liña C11
 

Planos de acceso

 

Visitas comentadas

Achégate a coñecer a arquitectura da Cidade da Cultura de Galicia, deseñada por Peter Eisenman, os seus espazos verdes ou as exposicións que alberga o Museo Centro Gaiás da man do noso equipo de guías. Consulta a nosa oferta de visitas comentadas e reserva praza premendo AQUÍ:

➖ Visita arquitectónica á Cidade da Cultura | Preme aquí para reservar praza

➖ Visita á exposición Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum | Preme AQUÍ para ver datas e reservar praza

➖ Visita á exposición Bareiro. O silencio que chove luz na xanela | Preme AQUÍ para ver datas e reservar praza

  • LEMBRA: Todas as exposicións do poden visitarse de balde e libremente. Só é necesario reservar praza/mercar entrada para as visitas comentadas cos guías do Museo.
  • Para calquera dúbida, consultar co Punto de Información da Cidade da Cultura no 881 997 584.

Coordenadas GPS

Latitude    42º 52' 13.02" N
Lonxitude  8º 31' 32.69" W