Coworking

Emprende Cultura Gaiás

 

Precisas dun lugar de traballo? Que che parece un espazo onde se fomente a túa creatividade, que teña lugar nunha contorna creativa e con asesoramento de expertos no sector cultural? Se é o que buscas, “Emprende Cultura Gaiás” é o teu sitio.

A Cidade da Cultura de Galicia e Agadic poñen en marcha un novo espazo de coworking, que lle permitirá aos profesionais das industrias culturais multiplicar as súas posibilidades de negocio aproveitando as oportunidades dunha rede de contactos no sector e beneficiarse dun programa especial de formación e de presentación das súas ideas a empresas.

Regulamento de réxime interno

Prazo aberto para presentar solicitudes ao Viveiro Gaiás: 1 ao 31 de outubro de 2022. Máis información AQUÍ.

Proxectos integrados no Coworking Gaiás

Longa Music Lab