Sala de prensa

 
Santiago, 15 de Xullo de 2019

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, comezará esta semana o mércores, día 17, coa forza dos ritmos e das letras de Miss Bolivia, alcume artístico de Paz Ferreyra.

Santiago, 14 de Xullo de 2019
IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia (Foto: Manuel G. Vicente)

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a IV edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que preto de 600 músicos novos, de 13 formacións, interpretaron os repertorios elixidos para a ocasión. O certame incluíu un concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da comunidade e dirixida por Xabier Oliveira Blanco –director da banda A Lira de Ribadavia–.

Santiago, 10 de Xullo de 2019

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, retoma mañá xoves as súas actuacións de balde ao solpor con Labaq. A artista brasileira traerá á Praza Central os sons máis anovadores da música brasileira.

Santiago, 08 de Xullo de 2019
Unha noite no bosque. Foto: Manuel G. Vicente

A Xunta de Galicia convida a rapazada de entre 10 e 13 anos a participar ao longo deste mes de xullo na súa actividade de verán Unha noite no Bosque, unha acampada nocturna con monitores no Bosque de Galicia, que se desenvolve os venres no monte Gaiás. O obxecto desta proposta do programa Verán no Gaiás é achegarlles ás xeracións máis novas a natureza da súa contorna máis próxima, á vez que transmitir e fomentar os valores de coidado e de respecto polo medio ambiente.

Páxinas