Tecnoloxía

Innovación tecnolóxica

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia conta cunha triple misión:

  • Apoiar a cultura galega e mostrar as novas tendencias da arte.
  • Impulsar o emprendemento e as industrias culturais.
  • Apostar pola innovación tecnolóxica.

Como reflexo deste terceiro obxectivo, as instalacións da Cidade da Cultura albergan dúas entidades fundamentais para o futuro de Galicia: a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o espazo de crowdworking Galicia Open Future.

+Info