Sala de prensa

 
Santiago, 18 de Xuño de 2018

Un total de 67 actividades de lecer e culturais, ao aire libre e en contacto coa natureza e pensadas para todos os públicos.

Santiago, 17 de Xuño de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia despediu Nexos 2018 este sábado, 16 de xuño, abordando a evolución da música popular portuguesa nos últimos 50 anos, desde a irrupción da chamada 'nova canção portuguesa', co Zeca Afonso e Fausto, ata o panorama actual no que o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Para iso, contou cunha testemuña excepcional como é Teresa Salgueiro, que durante 20 anos foi vocalista de Madredeus, unha formación que traspasou as fronteiras lusas coa súa música.

Santiago, 13 de Xuño de 2018
O Centro de Emprendemento do Gaiás apoia a formación de mozos e mozas en creación de videoxogos

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a clausura e entrega de diplomas do programa Constrúe o teu futuro: Videoxogos e Emprendemento, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Cidade da Cultura a través do seu Centro de Emprendemento e Fundación Incyde, co financiamento do Fondo Social Europeo.

Santiago, 11 de Xuño de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia despide Nexos 2018 este sábado, 16 de xuño, abordando a evolución da música popular portuguesa nos últimos 50 anos, desde a irrupción da chamada 'nova canção portuguesa', co Zeca Afonso e Fausto, ata o panorama actual no que o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

Santiago, 10 de Xuño de 2018

Unha emotiva interpretación conxunta do Himno Galego a un cento de voces, realizada por dous dos coros históricos máis antigos de Galicia, pechou este domingo Serán’01, encontro promovido pola Xunta de Galicia para apoiar e pór en valor a nosa cultura popular e de base. Foi un man a man do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol –con máis de cen anos de historia– e a coral De Ruada de Ourense –que este ano celebra o seu centenario–, que puxo o peche de honra a tres días de actividades na Cidade da Cultura.

Páxinas