Centro de Innovación Cultural

O corazón dixital da Administración galega ten o seu lugar o no Centro de Innovación Cultural, que acolle os departamentos de xestión e loxística da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a sede da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Cunha superficie de 7.500 metros cadrados, o edificio consta de sete andares que albergan oficinas, unha cafetería para o persoal, dúas salas polivalentes e un salón de usos múltiples duns 500 metros cadrados para a realización de eventos.