AVISO LEGAL, POLÍTICA DE PRIVACIDADE E POLÍTICA DE COOKIES

AVISO LEGAL

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Fundación Cidade da Cultura de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia, con domicilio en Cidade da Cultura de Galicia, Edificio CINC, 3º andar, Lugar de Monte Gaiás, s/n (CP 15707) de Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF G15721640, é a titular do dominio http://www.cidadedacultura.gal e dos distintos elementos nel incluídos.

A utilización da nosa páxina web atribúelle a condición de usuario da mesma e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo en que o usuario acceda á nosa páxina web, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais.

A Fundación resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á súa páxina web, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo a aqueles usuarios que incumpran as presente es disposicións xerais así como as particulares que resulten de aplicación.

A Fundación non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da súa páxina web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope actualizado. No entanto, cando iso sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento da páxina web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, a Fundación declina calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web e dos servizos.

A Fundación facilita o acceso mediante enlaces, a outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese, co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través de internet. No entanto, as ditas páxinas non pertencen á Fundación nin facemos revisión dos seus contidos, polo que non nos responsabilizamos da calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso.

Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia non asume responsabilidade ningunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos e contidos son titularidade da Fundación Cidade da Cultura de Galicia pertencente ao sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, —incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento Europeo de Protección de Datos Persoais— na sección de Protección de Datos aloxada nesta mesma web.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. Para estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Coa finalidade de cumprir adecuadamente co deber de información recollido no artigo 13 do RGPD e o de informar por capas que indica a AEPD, remítese ó seguinte enlace, onde se atopa o texto completo e detallado da Política de Privacidade:


Información sobre protección de datos

 

POLÍTICA DE COOKIES

As cookies son arquivos que as páxinas web almacenan no navegador do Usuario que as visita, necesarias para lle proporcionar á navegación web vantaxes na prestación de servizos interactivos.

Podemos utilizar cookies cando o usuario navega polas diferentes pantallas e páxinas da nosa web coa finalidade de recoñecer os usuarios para lles poder ofrecer un mellor servizo e máis personalizado. No entanto, a este respecto o usuario poderá controlar o nivel de seguridade do seu equipo mediante a opción correspondente que teña o seu programa navegador.

Coa navegación, presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal:

  • Cookies técnicas: son aquelas que lle permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación, así como a utilización das diferentes opcións ou servizos que nelas existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, utilizar elementos de seguridade durante a navegación ou compartir contidos a través de redes sociais.
  • Cookies de personalización: Son aquelas que lle permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario; por exemplo, serían o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional dende onde accede ao servizo, etc.
  • Cookies de análise e publicitarias: son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten cuantificar o número de usuarios e deste xeito realizar a medición e análise estatística da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lles ofrecemos.
  • Cookies de terceiros: poden utilizar servizos de terceiros, os cales recompilan información con fins estatísticos, de uso da páxina web por parte do usuario e para a prestación doutros servizos relacionados coa actividade da páxina web e outros servizos de Internet.


Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando o enderezo IP antes de almacenalo. Tampouco asocia o seu enderezo IP truncado a ningún outro dato conservado por Google, nin lles pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros, agás cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede denegar denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, pulse aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Recomendacións ao usuario:

Na actualidade, a maioría dos navegadores están configurados por defecto para «aceptar todas as cookies»; no entanto, en atención ao disposto polo Regulamento sobre a privacidade e as comunicacións electrónicas, denominado «E-Privacy», a presente páxina web outórgalle ao usuario a posibilidade de que o usuario poida manifestar a non instalación das cookies mediante o uso dos axustes adecuados do navegador ou doutra aplicación. Polo tanto, esta páxina web está adaptada ao estándar «Do Not Track».

Como deshabilitar as cookies nos navegadores?

O consentimento para a instalación de cookies pode ser revogado en calquera momento polo usuario accedendo á configuración do seu navegador e eliminando as cookies.


Internet Explorer (https://support.microsoft.com/es-es/help/17442/windows-internet-explorer...)
Mozilla Firefox (https://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-sitio...)
Google Chrome (https://support.google.com/chrome/answer/95647?hl=es)
Safari (https://support.apple.com/kb/ph5042?locale=es_ES)
Opera (http://help.opera.com/Windows/11.50/es-ES/cookies.html)

Só comunicaremos os seus datos nos seguintes casos:

Os seus datos persoais poden ser tratados no noso nome polos nosos provedores terceiros de confianza. Subscribimos contratos con eles para que realicen unha variedade de operacións comerciais no noso nome. Unicamente se lles proporciona a información que precisan para realizar o servizo.

Sempre facemos o noso maior esforzo para garantir que todos os terceiros cos que traballamos manteñan a seguridade dos seus datos persoais.

A Fundación podería recoller e/ou almacenar a seguinte información acerca dos visitantes ou usuarios da nosa web:

  • O nome de dominio do provedor (PSI) e/ou enderezo IP que lles dá acceso á rede, co fin de elaborar estatísticas sobre os países e servidores que nos visitan máis a miúdo.
  • A data e hora de acceso, que nos permite coñecer as horas de máis afluencia e facer os axustes precisos para evitar problemas de saturación.
  • O enderezo de Internet dende o que partiu o link que dirixe á nosa web para comprobar a efectividade dos distintos banners e ligazóns que apuntan ao noso servidor e poder potenciar os que ofrezan mellores resultados.
  • O sistema operativo, navegador e resolución de pantalla empregados para coñecer as capacidades técnicas dos nosos visitantes e adecuar o deseño da páxina consonte estes datos.
  • O número de visitantes diarios de cada sección, diferenciando as áreas de máis éxito para  aumentar e mellorar o seu contido co fin de que os usuarios obteñan un servizo máis satisfactorio.


Para estes efectos, utilizaranse os datos obtidos a través de Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway,  Mountain View (Califorrnia), QUE 94043, Estados Unidos («Google»).

A información así obtida é totalmente anónima e en ningún caso será asociada a un usuario concreto e identificado.