«Camiños creativos» despídese do Museo Gaiás: derradeiros días para visitar esta exposición internacional

A Cidade da Cultura de Galicia despide o domingo 9 de abril a exposición Camiños creativos, un percorrido pola relación entre arte e movemento desde o século XVIII ata os nosos días, que amosa no Museo Centro Gaiás obras de grandes mestres da pintura e da fotografía —desde Turner, a Constable, Courbet, Sorolla ou Cartier-Bresson— e referentes da creación contemporánea máis actual.

Santiago de Compostela, 04 de Abril de 2023

«Bailador», de Óscar Cobos Compañía de Danza | Día da Danza 2023

«O noso baile ten as raíces afundidas na terra.
Na mesma terra onde as bailadoras labramos as leiras do silencio»

Bailador é unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto, unha obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe á nosa danza de raíz e a un grupo que transformou o xeito de entender e interpretar a música tradicional. 

Sobre Sorpresa. Aldaolado

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, terá lugar no Auditorio da Biblioteca de Galicia a función Sobre Sorpresa. Un espectáculo familiar a cargo do dúo Aldaolado cuxo fío condutor é unha reflexión sobre o fracaso na sociedade. 

Lucía Aldao e María Lado caracterízanse pola súa particular forma de expresarse combinando poesía, música e humor na súa posta en escena.

Sesións do xogo 'Peregrinos en Gotland' | Camiños creativos

Na recta final da mostra Camiños creativos, o creador Juanma González exercerá de gamemaster do seu xogo de mesa Peregrinos en Gotland para todas aquelas persoas que se animen a xogar con el unha partida. A actividade desenvolverase entre as 16 e 19 horas, na propia sala de exhibición, entre o 31 de marzo e o 9 de abril (excepto o luns 3, que permanecen pechadas as exposicións do Museo).

Galiverso somerxido

Benvidos ao Galiverso somerxido, unha viaxe única para descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas. Desde o Museo Centro Gaiás, montados nun batiscafo e coa axuda das lentes de realidade virtual, exploraremos os fondos mariños da costa galega, aprendendo sobre a fauna e flora que habita neles, así como sobre episodios históricos singulares nos que o mar foi protagonista. Unha travesía que busca tamén concienciar sobre a importancia histórica, económica e medioambiental dos nosos mares e a necesidade de coidalos.

A Xunta presenta unha 9ª edición de 'Escenas do cambio' centrada nas transformacións sociais e nos dereitos dos colectivos vulnerables e excluídos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a novena edición do festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do cambio, que dirixe Lola Correa e que este ano pon o foco na realidade e nas transformacións sociais do noso presente máis inmediato.

Santiago de Compostela, 27 de Marzo de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS