Move o teu corpo a ritmo de swing, sé fotógrafo por un día, convértete no rei da pista, degusta os mellores produtos galegos e goza coa mellor música solidaria. Se queres vivir un Nadal distinto, sube ao Gaiás. Porque temos preparada unha programación especial para gozar destas festas.
Os máis pequenos da casa abrirán a programación deste Nadal o 20 de decembro con Baboo experiencie, unha discoteca na que vivir unha experiencia visual e sonora única. Para non perder o ritmo, a tarde do 26 de decembro será unha velada especial porque todos aprenderemos a mover o corpo a ritmo de Nadal swing. Con exhibicións a cargo de bailaríns profesionais, unha zona na que poder converternos nos reis da pista e música en directo con clases de iniciación ao baile.
Sendo Nadal non podía faltar unha cita gastronómica. Por iso, o 29 de decembro temos preparada unha divertida Merenda de Nadal, onde poderemos gozar en familia dos espectáculos Cocido sinfónico e Cocido viaxeiro e, ao mesmo tempo, degustar os mellores produtos galegos presentes no Museo.
A programación de Nadal finalizará o 2 de xaneiro cun clásico da Cidade da Cultura: o festival solidario Cancións por regalos. Da man de Ernie Producciones, poderás co mellor pop do momento a cambio dunha entrada simbólica: o agasallo que ti elixas para quen máis o necesite.
Nadal no Gaiás compleméntase coa programación dos Findes na balea, que durante os sábados e domingos de decembro e xaneiro seguirá alternando un servizo de ludoteca (sábados) con obradoiros fotográficos nos que achegarse á exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan e converterse en artista por un día.
E non podía faltar o xa clásico Concurso de postais. Xa sabes: colle a plantilla que Cinta Arribas deseñou para ti, imaxina o teu propio Nadal no Gaiás e constrúe a túa postal.





