Merenda de Nadal

O 29 de decembro temos preparada unha Merenda de Nadal con tres ingredientes principais: gastronomía, música e moito humor.

Porque nenos e maiores asistirán ao primeiro día de traballo de tres peculiares personaxes no espectáculo Cocido sinfónico, no que tres vagabundos se converten en cociñeiro, camareiro e xefe de cociña e nos amosarán a súa peculiar forma de elaborar un menú.

Tras eles, o grupo de percusión Odaiko sorprenderá ao público con Cocido viaxeiro, no que converterá calquera utensilio en música do máis virtuosa.

E para facer redonda esta merenda, desde as 16 horas, os participantes poderán achegarse aos diferentes postos do Museo Centro Gaiás para facer unha degustación dos mellores produtos galegos.

Programa:

17:00 | Cocido sinfónico con Os tres tenedores.

18:30 | Odaiko percusión

Desde as 16:00 horas e ata as 20 horas, Mercado de Nadal e degustación de produtos galegos.

O público poderá acceder en calquera momento desde que teña lugar a apertura de portas ás 16 horas.