Cancións por regalos

Estrea o ano coa enerxía dos monos furiosos. Os Furious Monkey House, cinco rapaces de Pontevedra considerados a banda infantil revelación, veñen de gravar un disco nos míticos estudios Abbey Road de Londres e actuarán o sábado 2 de xaneiro no Gaiás para facervos comenzar o ano cunha mistura de música potente e solidariedade.

Xunto a éles, Eladio Santos, cantante de Eladio e os Seres Queridos e Sleeping Cat, o grupo liderado por Jerry Noia, que presentarán actuacións cheas de guiños ao público infantil.

Lembra que non precisas mercar entrada. Para entrar neste festival solidario abonda con vir cun regalo para donar a "Asociación de Iniciativa Social Berce", quen os distribuirá entre familias sen recursos para que non lles falte a súa sorpresa na noite de Reis. Animate, trae un regalo, goza da música e fai feliz a un neno!

Programa

  • The Furious Monkey House.
  • Eladio y los Seres Queridos.
  • Sleeping Cat.