Holi Gaiás 2018

Tras o éxito do ano pasado, na que se esgotaron decontado todas as prazas para participar, sabemos que ides ser moitos e moitas os/as que ides vir festexar a chegada da primavera á Cidade da Cultura de Galicia participando na carreira máis multicor e divertida de Galicia,  a Holi Gaiás!

Trátase dunha actividade saudable e lúdica para participar en familia e na que o espírito competitivo queda de lado e dáselle protagonismo á diversión e ao contacto coa natureza.  Precisamente, como novidade este ano, e tentando fomentar o coñecemento e goce do Bosque de Galicia, o percorrido realizarase a través dos sendeiros do Bosque de Galicia.

O que se mantén da edición do ano pasado son os animadores e música durante todo percorrido: 5 quilómetros pola Cidade da Cultura e a súa contorna natural. Deste xeito, a Holi Gaiás permitirá descubrir e gozar do complexo de Peter Eisenman e do gran pulmón verde da capital galega nun ambiente festivo que lembrará o popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha explosión de cores.

Preparade as zapatillas deportivas para participar de cheo nunha carreira na que a cor e a diversión marcarán os vosos chanzos e nas que as marcas persoais deben esixirvos unicamente divertirse, bailar, emporcarse fermosamente cunha poeira de cores e, como que non, facer algo de deporte. 

A divertida, singular e de multicor Holi Gaiás é a que marca  ás 12 horas o comezo de actividades de Cidade Verde 2018 que conta con outras dúas actividades en contacto coa natureza: Andainas Cidade Verde e Papaventos no Gaiás

A Holi Gaiás conta con dúas categorías:

  • Categoría escolar: ano de nacemento entre 2003 e 2008.
  • Categoría adultos: ano de nacemento en 2002 ou anos anteriores.

A pesar do carácter lúdico e non competitivo desta carreira, si que se homenaxeará cunha medalla conmemorativa cos tres primeiros corredores de cada categoría.

Descarga a documentación de autorización, aquí.

 

 

 

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h