Cidade Verde 2018

Tras amosarnos o pasado ano as vosas ganas por darlle a benvida á primavera dun xeito orixinal, distendido e en contacto coa natureza, repetimos Cidade Verde cunha coidada programación de actividades que recollen o espírito da edición anterior de actividades participativas, saudables, en contacto co medio e sobre todo, divertidas!

Por iso, o pistoletazo de saída a esta programación poraa a divertida e multicor carreira Holi Gaiás! Dinámica e nada competitiva (a non ser coas ganas dun/dunha mesma de pasalo o mellor posible) está aberta a 1.000 inscricicións.

Para a tarde, Cidade Verde ofrécevos un plan máis tranquilo pero non menos interesante: as Andainas Cidade Verde para a descuberta de especies arbóreas, de paxaros e de diferentes especies fungos no Bosque de Galcia, o considerado gran pulmón verde da capital galega.

Rematarase a programación de Cidade Verde igual ca empezamos, con moita cor e diversión e en contacto coa natureza cunha actividade con Papaventos no Gaiás, coa que gozaredes grandes e pequenos. Trátase de tirar proveito das rachas de vento que tanto caracterizan a estas ladeiras de Santiago para encher de figuras, cores e moventos espectaculares o ceo do monte Gaiás. Non o ides querer perder!

 

 
En familia