Encontros sectoriais da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia

A Cidade da Cultura acolle en xullo unha serie de encontros sectoriais enmarcados na Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. A Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia é unha ferramenta que, mediante solucións naturais, consegue eficazmente unha serie de obxetivos ecolóxicos, económicos e sociais. Os recursos dos que dispoñemos na natureza non son inesgotables, polo que a súa explotación e uso debe ser sostible e proporcional. Na práctica, a infraestrutura verde constitúe unha rede de zonas naturais e seminaturais planificadas estratexicamente, ademais doutros elementos ambientais, cuxo fin é xestionar os servizos proporcionados polos ecosistemas da forma máis sostible en termos ambientais e económicos. Esta práctica pódese dar tanto en entornos rurais coma urbanos.

Os distintos encontros sectoriais terán lugar no salón de Convencións do Edificio CINC nas seguintes datas: 

  • 3 de xullo: Encontro sectorial Litoral e Pesca
  • 4 de xullo: Encontro sectorial Turismo e Deporte
  • 5 de xullo: Encontro sectorial Ambiental e Patrimonio Cultural
  • 10 de xullo: Encontro sectorial Forestal
  • 12 de xullo: Encontro sectorial Multisectorial

Para asistir, debido a cuestión loxísticas e de organización agradécese que aquelas persoas interesadas comuniquen o seu interese escribindo un correo electrónico a: infraestructuraverde.iet@xunta.gal ou inscribíndose na seguinte ligazón: https://goo.gl/mT6aVe

Pode consultarse o programa no web da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida ao enderezo electrónico sinalado, ou no teléfono 608.201.251.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
Convocatoria aberta
Prazo do 23 Abr ao 22 Mai 2024
3 - 5 Mai 2024
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h