O Museo Centro Gaiás permanecerá aberto ata medianoite tanto o venres como o sábado. Para todas aquelas persoas que se acheguen en horario nocturno temos establecidas dúas visitas moi especiais coas que compartir arte, conversa e música con pinchada de Djs no Hall de Tirantes e con servizo de cafetería aberto.
- Venres 18 de maio de 22:00 a 23:00 h. Visita nocturna guiada á exposición Baldomero Pestana, a verdade entre as mans por Carmen Rico, familiar do fotógrafo de Castroverde e na que recae a custodia, xunto Antonio Polín, do seu legado.
- Sábado 19 de maio de 22:00 a 23:00 h. Visita nocturna guiada á exposición Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación, da man dun dos técnicos do Servizo de Mediación, Educación e Información da Cidade da Cultura de Galicia.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 xan -













