Visitas online

Nese afán de hiperconexión que se propón dende o ICOMOS para este 2018 empregaremos as redes sociais da Cidade da Cultura para a transmisión en directo por Facebook e Instagram dalgunha das visitas express á Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación e a Baldomero Pestana, a verdade entre as mans, á maneira das feitas por outros museos. Deste xeito, as redes sociais converterase nunha fiestra aberta en directo ás nosas exposicións.

De igual xeito, na na programación dos Días do Museos farase un fío en Twitter para que os nosos seguidores e seguidoras poidan facer pequeno percorrido por algúns dos eixes temáticos das visitas breves. Ese fío quedarán dispoñibles na Rede para todas aquelas persoas que se queiran achegar ás exposicións do Gaiás e non teñan oportunidade de facelo presencialmente.