No museo, pola cara

Exposición cos retratos e selfies realizados por 100 alumnos e alumnas de 3º ESO e Bacharelato no obradoiro de retrato fotográfico, impartido o 8 e 9 de maio por Tamara de la Fuentecreativa audiovisual e directora de arte que forma parte do equipo de festivais de prestixio como o PlayDoc, Carballo Interplay ou Curtocircuíto. 

Neste obradoiro achegáronselles a estes rapaces claves segredos e trucos da fotografía de retrato. O froito deses traballos é o que pode verse no andar 0 do Museo Centro Gaiás ata a clausura da exposición de Baldomero Pestana, a verdade entre as mans, xa que esta actividade esta vencellada á mostra sobre o fotógrafo de Castroverde e gran retratista da cultura hispanoamericana de mediados do século XX.

Como data de inauguración escollemos o venres 18 de maio, Día dos Museos, dedicadoa ademais á hiperconectividade, para amosar as conexións entre o museo, a mocidade e a contorna educativa.