Conversa con... Roberto Gómez de la Iglesia

Unha intensiva mañá con Roberto Gómez de la Iglesia para achegarse ás últimas tendencias na xestión cultural, fórmulas de colaboración en boga entre empresas e culturas e dúbidas inquedanzas sobre o futuro da acción cultural.

Ese é o programa para a segunda xornada Economía & Cultura cun dos expertos máis significados en Iberoamérica no potencial de colaboración entre o mundo da cultura e da empresa, así como un pioneiro á hora de repensar o papel e o sentido da xestión cultural. Na actualidade é director da empresa c2+i (culture + communication + innovation) onde coordina Conexiones Improbables, unha proposta inédita en España de vínculo entre organizacións que queren innovar con artistas e pensadores. 

Programa 

10 h | Presentación

10.15 h | Reflexión sobre o momento/contexto da xestión cultural e creativa e novas lóxicas innovadoras

11.00 h | Dinámica de identificación de conceptos chave dos proxectos dos participantes + Xogo de encaixar o improbable + Ruta de innovación e reflexión conxunta

12.00 h | Café

12.30 h | Conexiones Improbables, marco conceptual e análise de casos

13.15 h | Formulamento e debate

14.00 h | Fin da sesión

 
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h