O Gaiás convértese todos os sábados do verán nun lugar privilexiado para observar o ceo grazas ás Visitas Astronómicas.
Descubre a maxia das estrelas e as noites de Compostela no complexo deseñado por Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos, e seguindo as explicacións técnicas dos monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, aprende a observar a lúa, os planetas, fenómenos curiosos como o das estrelas dobres, nebulosas… Unha outra forma de observar o ceo e de pasar unha noite distinta en familia.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Sábados do 18 Abr ao 23 Mai 2026
12.00 h






