Encontros | Wos Festival

A Cidade da Cultura convértese por primeiro ano en escenario do WOS Festival, acollendo durante dúas xornadas os encontros.

Mércores 7 de setembro

17:00-18:00 | SOLD OUT!: NOVAS ESTRATEXIAS TECNOLÓXICAS APLICADAS ÓS EVENTOS CULTURAIS

Nun mundo no que a tecnoloxía avanza a pasos axigantados, a xestión de concertos e festivais enfróntase a novos retos case a diario. O éxito dun evento depende, cada vez máis, da súa capacidade de adaptación ó entorno dixital. Pero, ¿cal será o impacto das novas tecnoloxías e dispositivos móviles nos próximos anos? ¿Que valor engadido poden aportar as tiqueteiras? ¿Ata que punto poden as redes sociais e o big data predecir comportamentos para conseguir que un evento destaque por encima do resto?

 Con Raúl Ruíz (Ticketscript)

 

18:00-20:00 | FESTIVAIS 2.0: CREATIVIDADE E RISCO NA XESTIÓN CULTURAL

Pode un festival musical aspirar a ser algo máis que un evento? Para responder a esta pregunta, analizaremos a evolución dalgunhas propostas a contracorrente dentro do panorama actual. Falaremos da súa relación coas instituciones, a implicación das marcas á hora de asumir os retos dun proxecto destas características e a importancia do seu emprazamento. Pero, sobre todo, coñeceremos de primeira man as experiencias dos responsables de catro festivais, cuxo éxito se basea en incorporar tecnoloxía, música e vangarda como principal sinal de identidade, tanto a nivel de contidos como no seu propio modelo de xestión.

 LEV (Gijón) www.levfestival.com

SEMIBREVE (Braga) www.festivalsemibreve.com

SINSAL (Vigo) www.sinsalaudio.es

MILHÕES DE FESTA (Barcelos) www.milhoesdefesta.com

 

Xoves 8 de setembro 

16:00-18:00 | NOVOS MEDIOS, NOVAS REALIDADES: INNOVACIÓN AUDIOVISUAL E O SEU IMPACTO NA INDUSTRIA CULTURAL. 

Na actualidade, o auxe do sector audiovisual trascendeu o ámbito do meramente tecnolóxico, gracias ao desenvolvemento de arquitecturas virtuais e entornos interactivos que transformaron para sempre a nosa relación coa realidade, xa sexa esta virtual ou aumentada. Exploraremos as infinitas posibilidades dun sector en expansión, da man dalgúns dos estudos de Novos Medios de maior prestixio do noso país.

 RAFA P. FIDALGO (Moderador)

DVEIN http://www.dvein.com/

ESPADA Y SANTA CRUZ http://www.espadaysantacruz.com/

BERMUDAS LAND http://www.bermudas.land/

 

18:00-20:00 | ENCONTRO CON SIMEON COXE (SILVER APPLES) 

Entre 1967 e 1969, Silver Apples sentaron as bases do pop electrónico, patentando un primitivo  modelo de sintetizador e anticipándose a outros pioneiros como Kraftwerk e Wendy Carlos. A súa peculiar combinación de melodías espaciais e chatarrería analóxica permitiulles codearse con Jimi Hendrix, John Lennon e The Velvet Underground, para acabar sendo relegados inxustamente ao esquecemento durante décadas. A día de hoxe, o seu legado segue máis vixente que nunca, en parte grazas ao compromiso de artistas como Brian Eno, Stereolab e Portishead por difundilo entre as novas xeracións. Por todo isto –e  moito máis– a presenza de Simeon Coxe no noso festival (presentando as cancións de ‘Climbing to a dream’, o seu primeiro disco de estudo en 19 anos) bríndanos unha oportunidade excepcional de coñecer a súa fascinante historia de primeira man.

Moderadores: Xurxo Fernández e Iván Bossanova.