Nocturnas

A Cidade da Cultura convida a descubrir unha nova cara da exposición Camiño. A orixe ao caer o sol a través das Nocturnas, visitas nas que aprezar outros matices e riquezas da arte xacobea. 

A luz inflúe nas pezas e nunha montaxe contemporánea que ao solpor se volve máis atractiva e acentúa a súa cara máis misteriosa. Nun percorrido guiado directamente por responsables do proxecto expositivo, recrearase a noite na que o eremita Paio atopou no Libredón os restos do Apóstolo e emprendarase unha viaxe a través de séculos de Historia e Arte.

Un percorrido para aprezar dunha outra forma a arte do Camiño ao que seguirá un momento musical acompañado dun cóctel con produtos do país, por cortesía de Fina Rei e Condes de Albarei, convertendo o espazo artístico nun lugar para a reflexión, a contemplación e o disfrute.