Camiño ao Gaiás 2015

Arte, Historia, Natureza e un estilo de vida saúdable. Estas son as catro claves do Camiño ao Gaiás 2015, co que a Cidade da Cultura e a Fundación USC Deportiva convidan a todos os composteláns e a todos os visitantes a descubrir unha nova cidade.

Nesta nova ruta a pé ata o complexo deseñado por Peter Eisenman, os participantes poderán descubrir o rico patrimonio monumental de Compostela como o Museo do Pobo Galego, a Igrexa de San Domingos de Bonaval ou a Igrexa de San Pedro; e o rico espazo verde da capital galega: desde o Parque de Belvís, ás Brañas do Sar e, como novidade, o Bosque de Galicia. Tras acceder ao Gaiás e contemplar o novo espazo verde que ofrece a cidade, os participantes serán recibidos por un dos guías do Museo Centro Gaiás, e completarán o seu percorrido cunha visita guiada de balde á exposición Camiño. A orixe.