Verán no Gaiás 2024 | Actividades en familia

Este verán temos 4 grandes espectáculos para pasar o voso tempo de lecer coa cativada en familia. Maxia, rock e circo ao aire libre e de balde! Apúntate ao Verán no Gaiás.

 

Karpaty | La Troupe Malabó 

Un vello e prestixioso circo ruso embárcase nunha viaxe co fin de cumprir o seu soño: volver a amosar a súa arte ao público. Karpaty parte da poesía visual para falar de realidades sociais como as migracións e a procura dun lugar propio a través de técnicas circenses, xogos de clown e música en directo.

  • 3 XUL ás 19:00h
  • Xardín do Teatro
  • Entrada libre e de balde


Crassh Xiri Tour | Wetumtum

Crashh_Xiri é un espectáculo cun idioma propio: o “crasshonês”. Unha proposta con enerxía e humor que mestura por primeira vez as percusións e temas atemporais con sons electrónicos.

  • 10 XUL ás 19:00h
  • Xardín do Teatro
  • Entrada libre e de balde

 

Viva o Pop! | Rock en familia 

Lembras a Bóla de Cristal? Probaches algunha vez un Frigopié? Rock en Familia trae un espectáculo a través do que crean un espazo para rememorar a banda sonora das décadas pasadas cos nenos e nenas de agora. O mellor pop dos oitenta e noventa.

  • 17 XUL ás 19:00h
  • Praza Central
  • Entrada libre e de balde


De Vilatriste a Vilalegre | A utópica rodante 

Unha proposta escénica que confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia de Vilatriste. Pensada para públicos de todas as idades que combina teatro actoral e de monicreques co mundo do cómic como referencia.

  • 31 XUL ás 19:00h
  • Xardín do Teatro
  • Entrada libre e de balde