Chega ao Gaiás un novo espectáculo co selo de Rock en Familia. Lembras a Bóla de Cristal? Probaches algunha vez un Frigopié? Rebobinaches unha cinta cun boli? Para todas aquelas persoas que responderon que si, chega este espectáculo a través do que realizar un percorrido polas músicas da memoria cos máis pequenos e pequenas da casa.
Un espazo no que compartir e cantar o mellor o pop español dos oitenta e noventa: dende Alaska a Radio Futura, Nacha Pop ou Coque Malla.


