Xornadas Académicas 'Con-fío en Galicia'

Con motivo da exposición Con-Fío en Galicia, a Cidade da Cultura organiza unhas xornadas coas que reflexionar sobre o mundo da moda desde múltiples vertentes: expositiva, artística,  económica e social. 

A mostra de moda e téxtil da Cidade da Cultura convértese na excusa perfecta para reflexionar sobre a relación da moda coa arte: o seu papel de fonte de inspiración para diferentes creacións, a súa conversión en obxecto artístico e, polo tanto, en elemento central do discurso expositivo, facendo habitual a súa presenza en grandes museos: desde o MoMA de Nova York ao Victoria & Albert de Londres ou o Thyssen-Bornemisza de Madrid.  

Da man de expertos das máis diferentes disciplinas, as xornadas académicas abordarán tamén os aspectos máis materiais da moda -como a produción téxtil, o deseño, a produción e a comercialización- e o seu papel fundamental como creadora de imaxe e de identidades persoais e colectivas. Deseñadoras como Sara Coleman, responsables de coleccións de museos como Guillermo Solana e creadores de imaxe como o fotógrafo Manuel Outumuro contribuirán a esta reflexión colectiva sobre o mundo da moda, a arte e o téxtil que pretenden ser estas Xornadas Académicas.

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas