Work in progress: Modelos de xestión e festivais musicais

Tras a excelente acollida da pasada edición, contarase coa presenza de representantes dalgúns dos festivais máis interesantes do panorama actual. A mesa redonda cumprirá a dobre función de servir de escaparate para confrontar diferentes modelos de xestión e propiciar novos puntos de encontro. Coñeceranse as particularidades de cada proxecto e debaterase sobre o papel das novas tecnoloxías e os emprazamentos inusuais como principais acenos de identidade, tanto artística como empresarial.

Participan:

Jesús Guisado (Madrid, 1975), co-director de Monkey Week Son Estrela Galicia, un dos festivais novos de referencia estatal e punto de encontro da música independente no noso país. Desde os seus inicios no gaditano Porto de Santa María, converteuse nun destino onde artistas, profesionais, prensa e público danse cita e comparten unha experiencia única, entre festival, foro e feira. A súa actual sede na Alameda de Hércules de Sevilla aglutina tres días de encontro para profesionais, concertos, showcases e unha infinidade de actividades paralelas. – http://monkeyweek.org/es

Alejandra Galo (Santa Cruz de Tenerife, 1985), responsable de comunicación de Keroxen, festival polimorfo e multidisciplinar centrado en propostas artísticas  vangardistas e eclécticas. A súa localización orixinal no centro cultural El Tanque de Santa Cruz de Tenerife, un antigo tanque de petróleo de máis de 40.000m3, permitiu reconfigurar o espazo a través de intervencións visuais de mapping e performances. Con motivo da súa oitava edición, o festival trasladarase ao CIC El Almacén de Lanzarote e concentrará artistas chegados desde Perú, Malaisia, Xapón, EEUU, Gran Bretaña ou Irlanda. – http://keroxen.com/

Abraham Rivera (Madrid, 1980), é programador de Electrónica en Abril, unha das citas ineludibles para estar ao día das tendencias do panorama electrónico contemporáneo. Na súa décimo quinta edición, o festival apostou por abordar a música de baile e a experimentación sonora como reflexo do proceso de transformación cultural do Brexit, a era Trump, os millenials e o discurso feminista. O concepto completouse nunha escenografía creada para a ocasión polo arquitecto Jorge López Conde, responsable do departamento de Tecnoloxía e Deseño da Norman Foster Foundation, coa colaboración de Eva Seijas Marcos e Mónica da Pena. – https://www.lacasaencendida.es/conciertos/electronica-abril-2017-7088

Marc Campillo (Barcelona, 1975), fundador do selo Foehn Records e director do BAM (Barcelona Acció Musical), convertido xa nun festival de referencia tras máis de 20 anos de historia. Enmarcado nas festas da Mercè da cidade de Barcelona, destaca por incluír entre a súa variada programación unha nutrida mostra de talentos emerxentes, tanto a nivel nacional como internacional. Na presente edición, máis de 40 grupos encherán varios escenarios da cidade de sonoridades singulares, novas e orixinais, coa capital islandesa, Reikiavik, como cidade convidada. – http://lameva.barcelona.cat/bam/es

Modera:

Cristina V. Miranda (Ferrol, 1982), promotora cultural, responsable de comunicación e organización de eventos e directora do EnoFestival.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas