Visitas didácticas 'Con-Fío en Galicia'

A Cidade da Cultura de Galicia convida á comunidade escolar a descubrir a Historia de Galicia a través da moda e abordar a súa vertente sociolóxica e antropolóxica a través de visitas didácticas á exposición Con-Fío en Galicia, a nova mostra do Museo Centro Gaiás.

As visitas didácticas para escolares teñen como obxectivos: 

  • Achegarse á historia e a cultura de Galicia desde a dimensión do téxtil. 
  • Valorar a moda como fenómeno característico das sociedades humanas.
  • Coñecer a evolución histórica do vestido en Galicia.
  • Entender o proceso de integración/diferenciación social a través da roupa.
  • Reflexionar criticamente sobre o papel da moda na sociedade do presente.
  • Debater sobre a influencia da moda na nosa vida cotiá. 

 

As actividades educativas divídense en dúas partes: unha visita didáctica á exposición, seguindo un percorrido discursivo adaptado aos diferentes niveis educativos; e unha actividade complementaria específica que permita fixar os principais conceptos e a participación activa do alumnado no discurso da exposición. Consultar o PDF coas actividades na área de descargas.