Aula Gaiás convida a aproximarse á arte, á ciencia e á ecoloxía dunha forma lúdica e pedagóxica a través das Visitas didácticas á exposición Auga Doce.
Da man dunha mostra multidisciplinar con obras procedentes de museos e institucións de recoñecido prestixio como o MoMa, o Victoria and Albert, o Museo D’Orsay ou o Reina Sofía; a comunidade escolar poderá traballar contidos ambientais como o cambio climático ou a explotación dos recursos naturais; aproximarse a diferentes épocas históricas a través do aproveitamento que as civilizacións fixeron da auga; ou abordar aspectos científicos como os fenómenos atmosféricos ou as prediccións meteorolóxicas. Todo partindo da ollada prestada de artistas como David Hockney, Gerhard Richter, John Constable ou Chema Madoz, no que será unha aproximación á arte clásica e contemporánea.
As Visitas didácticas á exposición Auga Doce están dirixidas a grupos educativos desde Educación Infantil ata Bacharelato, con posibilidade de desenvolver contidos específicos para grupos de Educación Especial, Ciclos Formativos, Universidade e Aulas de Adultos.
Consulta as actividades por tramos educativos:
+ info sobre a exposición Auga Doce
| 923.67 KB |





