Visitas didácticas

Co inicio do novo curso escolar, a Cidade da Cultura de Galicia presenta o novo programa didáctico: Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.

A través de visitas guiadas, adaptadas ás distintas etapas educativas e complementadas con actividades e obradoiros opcionais, mergullámonos en séculos de exploracións, nun paraíso natural oculto, etnias milenarias e obxectos máxicos.

Presentada nunha exposición lúdica e atractiva, para todos os públicos, a mostra Orinoco permite coñecer outras culturas, visitar paraxes exóticas e un modo de relacionarse coa natureza de forma sustentable.

Estas visitas participativas son de balde e van dirixidas a alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Ciclos Formativos de Grao Superior, Educación Universitaria e Centros de Educación para Adultos.

Agardamos a vosa visita!