Visitas comentadas | A Vía da Prata. Aires do Sur

Afonda na viaxe fotográfica de Sevilla a Santiago de Compostela que propón a exposición A Vía da Prata. Aires do sur da man do equipo de guías do Museo Centro Gaiás. Canda eles percorrerás os 1.000 km de paisaxes, monumentos, festexos e escenas de vida capturadas nun carrusel de séculos que atravesa a historia da Península Ibérica e do Camiño de sur a norte. 

Reserva praza para as nosas visitas comentadas de balde (podes comprobar dispoñibilidade e datas na columna da dereita da páxina).

A Vía da Prata. Aires do sur é un proxecto expositivo que convida a reflexionar sobre a diversidade e a interrelación entre tradicións e culturas, sobre a soidade, a distancia e o paso do tempo cunha ollada que vai desde o presente cara ao pasado.

A través de 140 fotografías de 40 fotógrafas e fotógrafos, clásicos e contemporáneos, redescubrimos o patrimonio monumental e histórico dunha das rutas que mellor encarna a diversidade dos itinerarios xacobeos. Un percorrido que convida a contemplar os monumentos, as paisaxes, os oficios, costumes e tradicións das cidades e pobos que atravesa a Vía da Prata coa ollada curiosa e serena do camiñante.

A ter en conta: 

  • Visita de balde con inscrición previa. Por favor, selecciona a quenda que prefiras para realizar a túa reserva na columna da dereita.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • Deberanse seguir en todo momento as instrucións do persoal responsable da visita.