Visitas Astronómicas 2016

Este verán volve un clásico da Cidade da Cultura: o observatorio do ceo no alto do Gaiás. Descobre a maxia das estrelas e as noites de Compostela no complexo deseñado por Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos,  e seguindo as explicacións técnicas dos monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, os participantes observarán a lúa, planetas, estrelas dobres, nebulosas… 

Ademais, coa axuda dun planisferio, aprenderán a identificar as constelacións a simple vista e poderán participar na Noite das Perseidas, para gozar a noite do 12 de agosto das ‘Bágoas de San Lourenzo’. Unha oportunidade única de coñecer a cara menos coñecida e máis misteriosa da Cidade da Cultura.

Prazas esgotadas para as sesións de agosto.

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas