A vida secreta dos obxectos

Obradoiro co gallo do Día da Ilustración, que se conmemora o 30 de xaneiro, e terá como contidos principais:

  • Botar unha ollada ás diferentes personaxes que coñecemos
  • Como se fan personaxes a partir de elementos do mundo real
  • Ver o mundo de forma diferente

Na actividade as nenas e os nenos crearán personaxes con elementos que atoparán no espazo de traballo, e outros que traian eles mesmos. Así, con papel de debuxo, lapis, ceras de cores, gomas de borrar, froita, latas de refrescos… crearán os diferentes tipos de personaxes: bos, malos, aventureiros...

[A imaxe é unha ilustración con obxectos cotiás de Gilbert Legrand]

 

 
En familia