Verán no Gaiás 2025 | Programación en familia

Música, xogos, teatro, obradoiros... O Verán en Familia da Cidade da Cultura trae unha chea de propostas para gozar do mes de xullo coa cativada.

Desafío do cartón | Basurama

O Desafío de Cartón é unha actividade lúdica e educativa que fomenta a creatividade a través do xogo con cartón reciclado. Trátase dunha intervención efémera na que persoas de todas as idades teñen a oportunidade de construír estruturas e xoguetes a partir de cartón desbotado. A proposta busca sensibilizar sobre a reutilización de materiais e o impacto ambiental do cartón como residuo.

  • 28 XUN de 11h a 14h e de 16h a 19h
  • Xardín do Teatro
  • Entrada libre e de balde
  • Info AQUÍ


Beatlemanía | Rock en familia

Un concerto familiar para todas as idades que convida a cantar, bailar e deixarase levar ao ritmo dos grandes éxitos dos Beatles. Un espectáculo cheo de enerxía, diversión e historia que percorre as cancións máis emblemáticas da banda de Liverpool, dende os seus primeiros temas ata clásicos como “Twist and Shout” ou “Hey Jude”. Un plan perfecto para vibrar en familia.

  • 2 XUL ás 20:00h
  • Praza Central
  • Entrada libre e de balde
  • Máis info AQUÍ.

 

Unha tarde no lago | Música, teatro e xogo ao aire libre

Dous días cheos de música, teatro, xogos e obradoiros nunha contorna natural única como é o Parque do Lago. Unha proposta que, en harmonía na natureza, invita ás familias a gozar dunha arte chea de propostas culturais variadas. 

  • 9 e 16 XUL de 18:00 a 21:00h
  • Parque do Lago
  • Entrada libre e de balde
  • Máis info AQUÍ.
 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas