Valor e mestría | Homenaxe aos clubs pioneiros

Coñecer, entre outras, as xestas de equipos como o Racing de Ferrol, subcampión da Copa de España, non é só darlle o seu sitio na historia de formacións galegas de fútbol que marcaron fitos, senón un xeito efectivo de achegarlles aos máis novos e novas as lendas e os mitos do fútbol galego, e como non,  a descuberta dun xeito ameno e fluído dun anaco da historia galega a través do deporte. Esta é a pretensión da homenaxe aos clubs pioneiros de Galicia que celebramos na Cidade da Cultura de Galicia, dentro das actividades ao redor da exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol.

Para rememorar e dar a coñecer eses momentos de gloria do fútbol galego, contarase nesta actividade coa presenza de representantes dalgúns dos clubs de fútbol galegos máis antigos, incluso centenarios. 

A xornada, que comeza ás 18.30 horas, está moderada polo xornalista Carlos Miranda, e contará coa presenza de representantes dos seguintes clubs:

  • Real Club Deportivo da Coruña – Lois Novo, responsable de contidos históricos

  • Unión Campestre FC – Raúl Vázquez Barona, presidente
  • Racing de Ferrol – Pepe Criado, presidente 
  • Real Club Celta de Vigo – Juan Adell, persoal do club
  • SD Sin Querer – Javier Cotrofe, representante do club

 

 
Visitar
 
Martes, mércores e domingos
11.30 horas
Xullo e agosto: xoves, venres e sábados
11.30 HORAS