V Xornadas de Industrias Musicais | O contido audiovisual no éxito musical

A Industria Musical leva inherente a creatividade e a adaptación a novos escenarios. O contexto actual irrompeu transformando os modelos de distribución de produtos musicais, sexan gravados ou en directo. Baixo o título “Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital” acolleremos a profesionais da Industria Musical que nos acheguen respostas e cos que xerar debate en torno a preguntas como: Como podemos sacar rendibilidade da distribución musical a través de plataformas dixitais? Cal é a legalidade que ampara os meus dereitos na distribución dixital da miña música? Como podo adaptar o contido audiovisual do meu proxecto para chegar ao meu público? Cales destas novas fórmulas chegan para ficar? Como se poden detectar novos talentos neste novo contexto?

RELATORAS/ES

 
Karen Saurí | Music Video Producer

Karen é produtora especializada en videos musicais para CANADA, recoñecida produtora audiovisual con sede en Barcelona e Londres. Karen ven de ser preseleccionada como Mellor Producer do ano nos prestixiosos UK Music Video Awards 2020. Está detrás de producións como ‘Exits’ para a banda británica Foals, a ‘Química’ dos colombianos Bomba Estéreo ou a recente ‘Physical’, unha vibrante e colorida promoción para a británica Dua Lipa.

 




Jesús Guisado | Co-Director de Monkey Week

Soñador por natureza e promotor por vocación, Jesús Guisado comezou no mundo editorial dirixendo xunto ao seu irmán César e ao incombustible Tali Carreto a revista gratuita Freek Magazine. En 2009, alentados por Enrique Bunbury e o produtor Paco Loco, lánzanse a dirixir o primeiro festival de showcases e feria da industria musical de España: Monkey Week, polo que teñen pasado centos de bandas chegadas de todo o planeta e miles de invitados e profesionais do sector.

 
 
 
 

MODERADORA

 
Lúa Mosquetera | Escritora e editora

Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago. Conta con dous poemarios publicados, ambos autoeditados: ‘Rasrás’ (2018) e ‘Aunque seas rara y seas pájaro’ (2020). Finalista da Poetry Slam Compostela no 2019 e gañadora da Virtual Poetry Slam Compostela no 2020. Leva a súa poesía ao público con numerosos recitais con acompañamento musical, algúns en festivais como o Festival Internacional de Poesía Kerouac, de Vigo; o Loro Facu, de Miño ou o Elas son Artistas, da Coruña.