Unha noite baixo a auga

Cámaras, luces e… a auga como protagonista. Este verán, colle o teu saco de durmir e vive no Museo Centro Gaiás unha noite única como parte do Campamento Eu Río. Nenos de seis a once anos converteranse en actores e directores da súa propia película gravando nun decorado moi especial: o que ofrecen os catro andares do Museo que acolle a exposición Auga Doce.  

Programa

Venres

19.00h: Chegada ao Museo Centro Gaiás.

19.15-19.50h: Realización do obradoiro Augas Revoltas

19:50-21:30h: Visita 1ª e 2ª planta de Auga Doce… e gravando

21.30h-22:00: Cea.

22.00h-22:45: Actividade obradoiro creatividades Augas Revoltas II.

22.45h-00:00h: Visita 3ª planta… e gravando.

00:00 O campamento Eu Río durme.

Sábado

08.00h: Amanece no campamento (aseo e recollida de enseres).

08.30-09:00h: Almorzo.

09.00h-11:00: Visionado das curtas.

 
 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)