Últimos días con Shakespeare e Cervantes

AVISO URXENTE: Por motivos alleos á organización, o relator previsto, Juan Bonilla, non poderá acompañarnos. No seu lugar contaremos co escritor e xornalista Ignacio Vidal – Folch.

O 23 de abril de 2016, coincidindo co Día Internacional do Libro, celebramos o 400 aniversario do falecemento de William Shakespeare e Miguel de Cervantes, cumios das letras en lingua inglesa e española. Non son poucos os estudosos da literatura que apuntan similitudes entre as súas obras. Tampouco faltan historiadores que tracen paralelismos entre as súas vidas. A modo de exemplo: ningún dos dous tivo formación universitaria e ambos foron perseguidos pola xustiza. Até aquí as coincidencias. Semella que Cervantes tivo unha vida atribulada e chea de penurias, mentres que o dramaturgo inglés gozou dunha posición confortable. Diso trata a sesión de hoxe: queremos mergullarnos nas súas vidas cotiás, na súa reputación social, na súa circunstancia persoal, e todo isto situado no contexto intelectual e político da época. E por certo, chegaron a coñecerse?

Programa

12:00 | Relatorio: Ignacio Vidal-Folch. Escritor, xornalista e apaixonado dos cómics, foi director da sección de cultura dos xornais La Vanguardia e ABC, así como colaborador habitual en El País e El Mundo. Ten publicado numerosos libros de contos, ensaio e novela, logrando en 1998 o Premio NH de Relatos pola obra Más lejos y más abajo e en 2014 o Premio Ciutat de Barcelona por Pronto seremos felices. Entre 2010 e 2012 foi guionista e presentador do programa literario Nostromo (La 2, TVE).

13:15 | Concerto: “Músicas arredor de Cervantes e Shakespeare”. O Grupo 1500 de Música Antiga interpretará pezas vogais e instrumentais recollidas directamente da obra de ambos escritores, ademais doutras coetáneas que reflicten o ambiente musical (cortesán e popular) daquel momento histórico.  

 
 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada