A Biblioteca e Arquivo de Galicia pon en marcha o concurso Textos e pretextos, unha batalla literaria entre dous equipos para saber quen é o que mellor comprende as páxinas dun libro.
Tras formar dous grupos, ambos os dous lerán o mesmo libro e farán cada un unha batería de preguntas que deberán propor cada grupo ao outro. O moderador pode intervir con preguntas propias a cada un dos equipos e guialos no modo de proceder: o ‘porque’ dalgunhas preguntas, conclusión ás que chegaron, pareceres, alternativas…
