TEDxGalicia 2016

A Cidade da Cultura acolle por segundo ano consecutivo o TEDxGalicia, evento dedicado á difusión de ideas innovadoras. O Museo Centro Gaiás será o 16 de xullo o escenario da sexta edición deste evento no que os participantes poderán escoitar destacados relatorios en vivo, combinados co visionado de vídeos das coñecidas TedTalks ou charlas inspiradoras, co obxectivo de favorecer a reflexión e o debate. 

Baixo o lema De que está feito o futuro?, esta edición do TEDxGalicia explorará as cousas cotiás que configuran o que imos ser como individuos e como sociedade. Por primeira vez, o TEDxGalicia arrancará ás 11 horas, cunha sesión de mañá que concluirá cunha sesión vermú para favorecer o goce e o intercambio de ideas entre relatores e participantes. Tras un pequeno petisco, o TEDxGalicia renudarase ás 16 horas na segunda sesión da xornada, con novas charlas e vídeos, que se complementarán con espazos para o intercambio e interacción entre todos os participantes. 

Nuns días, máis información.