Sobrevivir unha apocalipse zombi con métodos do paleolítico

Nesta actividade de arqueoloxía experimental terase a oportunidade de aprender as diferentes técnicas de supervivencia da prehistoria como por exemplo a domesticación e produción de lume ou a creación das lámpadas que permitiron alumear as covas. O persoal investigador guiará aos participantes nunha auténtica viaxe á Prehistoria na que poderán vivir o pasado máis remoto.

Nesta singular viaxe se traballará coa tecnoloxía do pasado que non precisa de pilas, nin de wi-fi, nin de nada máis que as mans. O obxectivo e agudizar o enxeño para deseñar e fabricar unha ferramenta para a supervivencia na prehistoria: unha lanterna feita con sebo animal, corda vexetal e cunchas de moluscos... Aprenderemos ademais a acendela e dicir, a facer lume sen chisqueiro.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)