O Atardecer no Gaiás arranca esta semana cunha das bandas imprescindibles da escena musical neoiorquina: os australianos Scott & Charlene’s Wedding.
A banda de Craig Dermody aterrará no Gaiás co seu garage punk desornado que, casualmente, resulta altamente adictivo para quen o escoita. A súa visita a Santiago de Compostela será con novo traballo baixo o brazo: Any Port in a Storm no que Dermody volve demostrar unha capacidade innata para interconectar as cinco últimas décadas de pop rock e ruído.



