Rosalía na voz da xente

AVISO: Aprázase ao 30 de setembro a xincana prevista para o 15 debido ao mal tempo. A organización contactará estes días con todos os inscritos. Pregamos desculpen as molestias.

A Biblioteca de Galicia dedica o mes de setembro á figura de Rosalía de Castro. A través dunha posta en escena teatral e con formato de xincana, os actores e actrices propóñenlle aos participantes unha serie de retos que van ter que superar de maneira cooperativa.

Unha serie de personaxes debidamente caracterizados da época da autora propóñenlle aos participantes pequenos retos para resolver un grande enigma. As probas están relacionadas coa vida e figura da homenaxeada. 

 
En familia
 
4 Xuñ 2022
Ás 11.00 horas