Reto da Raposa Fedella | A danza na pintura

Dende a Prehistoria o ser humano tivo a necesidade de comunicarse corporalmente, con movementos que expresan sentimentos e estados de ánimo. Nun primeiro momento a danza tiña un compoñente ritual ou relixioso.

É difícil precisar a orixe no espazo e no tempo da danza porque é algo efémero que non deixa pegada pero grazas a testemuños artísticos imos adentrarnos hoxe na Historia da danza, da man da vosa pícara amiga a Raposa Fedella coa que ides non só descubrir en familia vencellos incribles entre os prehístoricos e a pintura de vangarda, senón resolver xeroglígicos e ata bailar!

Si, a Raposa Fedella desafiouvos a demostrar que levades o ritmo nos ósos. E deixástesnos abraiados traendo á nosa caixa do correo a alegría e a liberdade do movemento e a música! Cativada de aquí e de acolá bailou, bailou e bailou amosándonos que a danza, esa forma de expresión tan antiga coma a humanidade-, únenos na distancia e énchenos de ledicia. Velaquí tendes a mostra: moitas grazas a toda a rapazada e as súas familias que se animaron a participar!