Tamén os máis pequenos e pequenas terán o seu espazo no Serán’01, que ao longo dos tres días programa obradoiros –de acceso libre e de balde– para que a cativada poida fabricar os seus zocos con materiais de refugallo ou aprender sobre xogos tradicionais. Xa no ámbito musical, a Foliadiña Infantil subirá ao escenario os representantes máis novos do baile tradicional galego, que actuarán para todo o público asistente.
Polos pés: Constrúe os teus zocos con material de reciclaxe. Obradoiro infantil impartido por María Xosé Martínez. Actividade de balde e que non precisa reserva de praza. Terá lugar na Aula de Didáctica do Museo Centro Gaiás.
- Venres 8 de xuño: 16.00-20.00 horas
- Sábado 9 de xuño: 10.00-20.00 horas
- Domingo 10 de xuño: 10.00-19.00 horas
Xogos en Roda. Obradoiro infantil sobre xogos tradicionais impartido por Luís Prego. Actividade de balde e que non precisa reserva de praza. Terá lugar no recinto feiral do Museo Centro Gaiás.
- Venres 8 de xuño: 19.00 horas
Foliadiña infantil: Actividade aberta a todo tipo de público, tanto cativas e cativos como adultos. Grupos infantís de baile tradicional de máis dunha vintena de agrupacións e escolas de música das catro provincias galegas actuarán sobre o escenario do Andar -1 do Museo Centro Gaiás.
- Venres 8 de xuño, 18.00-20.00 horas: Escola Municipal de Narón, Cantigas e Agarimos de Compostela, A.C. Saíñas de Xove, Cántigas e Frores de Lugo, Asociación Cultural e Xuvenil Arume de Verdillo, Outeiro de Rei
- Sábado 9 de xuño, 12.00-14.00 horas: Escola Municipal de Betanzos, A. Rebulir Cultura Tradicional de Ramirás, Grupo Orcellón do Carballiño, Pedras Miúdas de Lires, Grupo Santaia de Oleiros
- Sábado 9 de xuño, 18.00-20.00 horas: A Ponte Vella, Xacarandaina, Santiaguiño de Boimorto, Asociación Xiradela, Universidade Popular de Corcubión (As Rinchonas)
- Domingo 10 de xuño, 15.30-17.30 horas: O Fiadeiro, Peis D'hos, Lina e Lola, As mosas do Hío, ARCD San Martiño de Razo, Airiños de Fene.
